sábado, 10 de julio de 2010

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: O chapuceiro trato oficial do eiquí exposto.








Cando de verdade hai un verdadeiro sentimento de protección, dignificación, recuperación do noso patrimonio ... á larga veráse na práctica os desvelos destas arelas, que poden acadar cotas de normalidade nas zoas europeas onde os seus restos históricos teñan a importancia que poden tér os eiquí sinalizados.

A pregunta é porque eiquí non se fai?
Seguimos a ser a Europa Profunda?
Ou é que a culpa é da nosa educación cultural.

Non busquemos responsables no mundo político, porque eles son o expoñente dunha sociedade ...

O problema é enteiramente noso.

O cartaz - mural está tan alto que non se pode leer, o menos que poidades medir dous metros de alto.
Os restos dos letreiros denotan un abandono de décadas.
E o colmno da desidia é que no bece do camiño que nos conducirá o Castro de Formigueiros, só atopamos un letreiro coa sinalización dunha Área Recreativa.

É a entrada ó camiño emblemático e primitivo o Monte do Édramo, que algún dia será a espina dorsal dun fachendoso PARQUE ARQUEOLÓXICO, dos millores de Europa, diso estamos convencidos.

Mais hoxe ese calificativo é idéntico, pero pola cola!!

Señores dos Concellos afectados: Señores da Dirección Xeral de Patrimonio, Señor Conselleiro de Cultura: vostedes teñen unha responsabilidade de todo isto. Fáganse acreedores dela. Do contrario, vostedes darános a razón do eiquí exposto. De que non son máis que tecnócratas e que non miran polos intereses do seu povo, o mesmo que lles votara para que vostedes estén ahí dirixindo todo esto desbaraxuste.

No hay comentarios: