sábado, 10 de julio de 2010

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: O inicio ....








Fora ún deses dias tranquilos sen ese calor agobiante de Xullo. Aún a pesares de escomenzar a andar perto das 12 h, acordamos ir parellos a un horario que cumplimos pontoalmente. O paseio pola necrópolis de Santa Mariña foi rápido e directo: o verdadeiro goteo de mámoas salpicaba o marelo dos sembrados ate parecernos que estabamos nun museu preparado , cando a natureza por si soa adaptóu as inxurias e violacións humáns daquel sacro espazo en algo atractivo.
En efecto: as mámoas foran todas saqueadas e hoxendía en casi tods non existía vestixio pétreo algún. Mágoa.

Despóis subíramos o Castro de Formigueiros, onde o Xaime botóunos unha charla descriptiva do mesmo e da sua bisbarra. Seguimos ruta, polo camiño primitivo saído do castro por unha segunda entrada, para nós a auténtica.

Así chegamos a Vila e a Necrópolis do Valentín, para xantar na área recreativa o carón da pista central.

Despóis de celebrar o encontro, -a resaltar a empanada e o pan de Sarria; moitisimas grazas, Isabel!!), retornamos ó camiño para achegarnos á fonte e cara adiante, cara o imponente Castro de Santa Margarida, final de ruta; un castro saqueado de arriba abaixo para leva-las suas pedra cara construcción do Mosteiro de Samos, que fica nas suas inmediacións.

Mágoa o seu deprorable estado. Unha tormenta que se adiviñaba peor que a de onte, viña ó noso encontro, polo que optamos por dar volta e dar por acabado este roteiro magnífico, que terá continuación o seguinte ano, con máis novidades.

Grazas a todas e todos os que o fixéchedes posible este sono!!!

No hay comentarios: