miércoles, 21 de julio de 2010

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO







Presentámosvos unha xornada , unha máis da serie de roteiros que a LCG tén programado para este ano, mais unha xornada moi especial, que quér ser a presentación do futuro parque arqueolóxico que a través da sua columna vertebral: a serra do Édramo, quér revolucionar e mesmo revalorizar as terras históricas de Samos, Sarria, O Incio, Triacastela, .... A SEURRIA, onde os seus moradores, descendentes da TREBA DOS SEÚRROS, poidan de novo fachendear de seu a través da sua longa, longa, longuísima e profunda historia...

A NECRÓPOLIS DE SANTA MARIÑA









Tiñan moita sona; mais hoxendia só quedan os túmulos, e nos seus curutos , REN, agás nalgunhas que só fican algunhas pedras....´Mágoa pais!

AS NOUTRORA FORMIDABLES MURALLAS DE FORMIGUEIROS





sábado, 10 de julio de 2010

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: O inicio ....








Fora ún deses dias tranquilos sen ese calor agobiante de Xullo. Aún a pesares de escomenzar a andar perto das 12 h, acordamos ir parellos a un horario que cumplimos pontoalmente. O paseio pola necrópolis de Santa Mariña foi rápido e directo: o verdadeiro goteo de mámoas salpicaba o marelo dos sembrados ate parecernos que estabamos nun museu preparado , cando a natureza por si soa adaptóu as inxurias e violacións humáns daquel sacro espazo en algo atractivo.
En efecto: as mámoas foran todas saqueadas e hoxendía en casi tods non existía vestixio pétreo algún. Mágoa.

Despóis subíramos o Castro de Formigueiros, onde o Xaime botóunos unha charla descriptiva do mesmo e da sua bisbarra. Seguimos ruta, polo camiño primitivo saído do castro por unha segunda entrada, para nós a auténtica.

Así chegamos a Vila e a Necrópolis do Valentín, para xantar na área recreativa o carón da pista central.

Despóis de celebrar o encontro, -a resaltar a empanada e o pan de Sarria; moitisimas grazas, Isabel!!), retornamos ó camiño para achegarnos á fonte e cara adiante, cara o imponente Castro de Santa Margarida, final de ruta; un castro saqueado de arriba abaixo para leva-las suas pedra cara construcción do Mosteiro de Samos, que fica nas suas inmediacións.

Mágoa o seu deprorable estado. Unha tormenta que se adiviñaba peor que a de onte, viña ó noso encontro, polo que optamos por dar volta e dar por acabado este roteiro magnífico, que terá continuación o seguinte ano, con máis novidades.

Grazas a todas e todos os que o fixéchedes posible este sono!!!

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: A FONTE E MÁIS CABAÑAS...








Dende o lugar da Vila seguimos andando ate atopar unha fonte ben protexida por un verdadeiro surtido de lousas; no seu carón unha das cabanas reconstruidas.

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: A VILA E A NECRÓPOLIS DO VALENTÍN






No punto máis alto do noso camiño primitivo, chamado A VILA, érguense restos de asentamentos dunha época máis perto, cecáis de principios a mediados do derradeiro século. Tal e como era a costume, erguíanse chozos onde os pastores pasaban as noites perante a época dos pastos.
Un pouco cara o interior temos unha chaira noutrora adicada a necrópolis, onde hoxe só restan algúns túmulos, algúns deles millor conservados que a totalidade dos túmulos do que fora noutrora necrópolis de Santa Mariña.

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: CASTRO DE FORMIGUEIROS. A) O CAMIÑO PRIMITIVO Ó CASTRO DENDE A VILA






Este camiño é o clásico camiño primitivo dende o Castro de Santa Margarida ate o de Formigueiros, pasando polos lugares da chamada Necrópolis do Valentín e da VILA.
Nas fotos podemos ollar o camiño dende A Vila ate o Castro de Formigueiros.

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉRRAMO: CASTRO DE FORMIGUEIROS. A) OS CAMIÑOS DE ACCESO








O final , a entrada ó Castro: temos que salvar duas entradas vixiadas por unhas atalaias que veredes nunha das fotos.

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: CASTRO DE FORMIGUEIROS: B) A DISTRIBUCIÓN








Veleiquí álgúns dos paneis que todavia perviven o paso dos anos; neles, a información precisa cara o visitante. Non a consideramos suficiente, mais para os tempos desinformativos que corren, é unha axuda! ... namentras non desaparezan, como está pasando noutras partes do país (desacostumbrado a ser unha referencia!!)

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: CASTRO DE FORMIGUEIROS C) O POVOADO








Veleiquí parte da zona excavada xunto con un tramo interior das suas noutrora fortes murallas.

ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: CASTRO DE FORMIGUEIROS C) O POVOADO








Escomenzóuse a excavar polo máis doado: o povoado da volta e reutilización do Cstro aló polos séculos IV e V. Ante a intestabilidade da época, o povo retornara o Castro, buscando o abeiro e a protección dos seus muros. Desa época son estas construccións, que como vedes, adopta algunhas formas de construcción posteriores das propias da época do Ferro.