miércoles, 10 de octubre de 2007

BARBANZA. PARQUE ARQUEOLÓXICO. 3.- a Casota do Páramo


Situada ó carón da estrada e moi visíble, ofrécenos a magnitude e grandiosidade das construccións do megalitismo na Serra do Barbanza.
Aunque a sua cámara fique moi derrumbada, o seu estado de conservación é bon.
No seu carón, un panel interpretativo define á anta e mesmo sinala a sua bisbarra, facendo unha presentación de todo o contorno. Sigue o Festival...

BARBANZA. PARQUE ARQUEOLÓXICO. 2 O principio

Despóis da base militar atopámonos co principio do festival arqueolóxico. As curvas de nivel do chan ensínannos a sua anterga habitabilidade.
Bágoa que os militares ocuparan a parte máis sensible e próspera : a enorme chaira do Iroite. Alí tiñan que atoparse elementos moi importantes mais intuimos que están irremisiblemente perdidos e reventados. Perdéronse moitas cousas con o asentamento militar na parte máis importante do Monte Iroite. Unha verdadeira desgraza.
Mais imos ó que imos, a escomenzar a visita o que queda na mesma aba do Iroite. Uns kilómetros mais abaixo da base militar a enorme Mámoa de Bouzachán fái de marco . O acceso é doado e o espectáculo é grandioso.

viernes, 21 de septiembre de 2007

BARBANZA. PARQUE ARQUEOLÓXICO. 1- Sinalización

No corazón da Serra do Barbanza temos un auténtico museu do que fora a vida no neolítico i etapas posteriores. Somentes fican os monumentos compostos de enormes pedras que simbolizaban o pensamento máis profundo do povo daquela época; as extensas chairas ensinannos os antergos asentamentos, namentras que a xeografía do lugar pódenos moi ben revelar outros misterios que somentes os que pacientemente escoitan falar á terra poden desvelar.
A exquisita recuperación do lugar é unha lección que todos deberíamos de aprender. Faltan cousas, mais as que hai están dispostas para o festival.
Que o disfrutedes!!!

domingo, 16 de septiembre de 2007

PEDRA DA ARCA.-6

Vista do seu interior. Do que poido ser algo grande e maxestuoso e que hoxe somentes fican os restos da desgracia. Pésie a todo, a grandeza do túmulo danos unha ideia da imporancia do xacemento. Na sua bisbarra inmediata non se observan ningún resto.
A recuperación, considerando o estado da anta, é aceptable con o doado paso e o panel explicativo.

PEDRA DA ARCA.-5

Vista xeral do túmulo

PEDRA DA ARCA.-4


Cumpriría unha maior limpeza da sua bisbarra. A Anta está situada nun eucaliptal.

PEDRA DA ARCA.-3


Debería de rebautizarse como "monumento contra a barbarie e iñorancia, tal e como quedóu despois do intento esnaquizador que tivo que afrontar no pasado.

PEDRA DA ARCA.-2


Entrada oficial con panel protexido. Estrada Carballo-Malpica.-a beira da estrada fica outro panel indicativo da existencia do monumento

PEDRA DA ARCA.-1


Tipo de panel con a lenda oficiosa cara resolver "oficialmente" as incognitas populares s9bor das construccions megalíticas. Fica a entrada do recinto da anta, ben colocado e protexido

sábado, 15 de septiembre de 2007

CASA DOS MOUROS,3


Pola parte de atrás da anta, unhas xestas obstaculizan tér unha visión clara do monumento. Pregamos que desaparezan.

CASA DOS MOUROS,2


CASA DOS MOUROS,1

Unha das maiores antas da Galiza sen dúbida. Observamos que segóuse ate os límites estipulados. Bravo!... pero o matorral que fica xusto detrás...


PARXUBEIRA, 4


Como en tódalas antas, a limpeza do seu chan interior non debería faltar, mais a lei -penso que inflexible de máis - indica que non se deben de tocar.

PARXUBEIRA, 3


Esta é a entrada oficial, e hai que ir bordeando a leira para non mollarse os pés, e aun así...
chegando o pino mais alto que fai esquina hai que saír a campo aberto, agardando que non esté encharcado.
Non existe sinalización ningunha nen rótulos que indique a presencia da anta. Tampouco nuns metros máis adiante, onde fica a necrópolis de Portocoiro.

PARXUBEIRA, 2

No fondo, ollamos a posible entrada natural cara a anta, porque non hai unha entrada sinalizada.

PARXUBEIRA, 1

Eirón, Mazaricos. Velahí a tedes, intacta dende hai anos, ben gardada polos propietarios do terreo e nun entorno moi fermoso.

AXEITOS,3

No fondo, na arboleda, o dolmen; no seu redor, sendeiro, bancos, papeleiras, un parque infantil, arboliños autoctonos crecendo...

AXEITOS,2

A recuperación exemplar do entorno do Dolmen de Axeitos (Artes, Riveira) , un exemplo a seguir.

AXEITOS,1


PENAMOURA-8

RESUMINDO: Un conxunto pétreo cunha enorme transcendencia para a sua zona, hoxendía totalmente abandonada.
Veleiquí tedes a entrada principal: un cercado de arame a cruza, deixando un pequeno paso para subir ó monumento.
Como sempre, non atopamos ningunha sinalización, panel identificativo nin outra sinal da existencia do monumento.
A Penamoura na sua totalidade sigue intacta.
Respetada? por suposto, porque a sua fama trascende séculos e séculos de fé espiritual postos nela. Coidamos que siga así, aunque o cambio xeneracional que está habendo na Galiza está creando a unha xente nova moi artificial , unha vez valeirada polo poder educativo imperante daquelas cousas que eiquí trascenderon século tras século e forxaron un povo distinto e diferenciado.
Mais a fama de Penamoura é moita, coidamos que a seguirá tendo, porque tamén neste o noso povo hai unha xente que soupo saber escoitar o sabio mensaxe da terra nai, e que recolléu a testemuña dos nosos antergos para segui-la pasando de pais a fillos.

PENAMOURA-7

Nun recuncho no interior do monumento atopamos esta hendidura circular.

PENAMOURA-6

O que sempre decimos: non só se trata de coidar e recuperar o monumento en sí, senón a sua bisbarra inmediata, pois eiquí tratamos de monumentos megalíticos, e istes non se ciñen somentes o monumento pétreo en sí, senón que tamén forma parte do mesmo o que no seu carón fica.
Eiquí, na Penamoura ollamos unhas pedras cunhas formas especialmente cóncavas que están o carón das outras. Estas pedras tamén forman parte do complexo pétreo que dá forma o monumento noutrora espiritual dos nosos devanceiros.
Polo que a sua protección débedese extender tamén o seu contorno.
Ah!! e xá non falemos dos castros!! menudas desfeitas estánse a suceder impunemente.

PENAMOURA-5


O interior do monumento visto dende a outra cara.

PENAMOURA-4

Parte superior do monumento. Ollade a superficie onde descansa o enorme con.

PENAMOURA-3

O monumento tén unha curta zona interior aberta.

PENAMOURA-2

Detalle da pena maior

PENAMOURA-1

É o monumento máis importante desta área. Pódese ollar dende moitos kilómetros e nél reside séculos e séculos de tradición espiritual dos nosos ancestros.
Sendo moi visitado, o camiño de acceso é fácil e doado.

A SERRA DO BOCELO

Bós e fermosos acougos hai nesta serra, hoxendía ocupada polo depredador para os seus negocios, mais nos contornos da Pena Moura todavía consérvanse intactas moitas cousas!
Na foto contemplades o fin do camiño Ó Forno dos Mouros , que empata con a estradiña asfaltada que nos levará a PENA MOURA.

O Camiño Real do Bocelo,4

Como en casi todos os Camiños Reais, e por tramos intransitabeis, poderedes coller unha pista de carro paralela ó mesmo. Ollade no fondo a enorme e maxestuosa catedral da zona, o santuario megalítico da Pena Moura.

O Camiño Real do Bocelo,3

Os Camiños Reais sempre gozaron de mala atención. Fican poucos, e hai que coidalos. A sua limpeza é cousa de todos.

O Camiño Real do Bocelo,2


Eiquí tedes unha mostra de cómo foron sempre os Camiños Reais, totalmente abeirados do tempo . No Bocelo teredes unha boa mostra dos mesmos. O tramo que eiquí ollades está moi perto do Forno dos Mouros

O Camiño Real do Bocelo,1


Deixamo-lo dolmen na foto arriba a dereita, e baixaremos cara o Camiño Real, que precisamente pasa a rentes do monumento.
Como podedes ver, o tramo do Camiño está intacto, tal e como foran perante séculos e séculos

viernes, 14 de septiembre de 2007

O FORNO DOS MOUROS. A tapa - 11


A pedra cobertora fora rachada en tempos. Non todo chegóu ate os nosos días dun xeito intacto.

O FORNO DOS MOUROS.O Corredor interior - 8


Limpándoo e adecentándoo , cunha recuperación adecuada xunto a unha preparación da sua bisbarra inmediata, podería actuar de reclamo da sua enorme zona de influencia, repleta de testemuñas do pasado e ben comunicado polo grande camiño real.
Mais , de verdade interesa o turismo? interesa que alí se faga algo?
Ou... xá teñen decidido que van facer con toda esa zona....

O FORNO DOS MOUROS. O material de apoido-8

Velahí unha visión do que se convertéu algo maxestuoso... o chan .... os paus .... as vigas
A gran pregunta: Qué será millor?, deixalo así ou que os que deseñaron volten a arranxalo?
Se cadra pode ser peor!!

O FORNO DOS MOUROS.O Chan -8


Nin limparon o que alí deixaron!!!
E mirade que pasóu tempo, eh!!

O FORNO DOS MOUROS.Puntos de apoio. 7


No seu interior hai inseguridade. moita inseguridade.

O FORNO DOS MOUROS.Os ferros. 6

Poderían ser un pouco máis cortos e menos ostentosos. Non se molestaron demasiado en tér unhos ferros un pouco máis traballados para disimular un pouco a chapuza.
Un pouco máis, e os ferros chegan a Toques!!

O FORNO DOS MOUROS. Corredor de entrada - 5


Para o noso punto de vista fora un erro tapar completamente a entrada. Dá unha pobre impresión ollar a entrada. A dignificación do monumento tiña que tér pasado por un estudo e posta en práctica dun recheo consecuente con a importancia da anta. Tapando todo e deixando a entrada deste xeito dá unha ideia moi pobre da forma de entender a importancia deste monumento que, por outra parte está sin nengún tipo de sinalización nin de lenda.
ESIXIMOS UNHA RECTIFICACIÓN COHERENTE DA ENTRADA DO DOLMEN. NON CHAPUZAS.

O FORNO DOS MOUROS. Corredor de entrada - 4

Corredor ceremonial que aloxa no fondo á deidade. Ben conservado, soterrando os achádegos, porque o corredor a simples vista tórnade moi corto comparado con a magnitude do monumento.

3.- FORNO DOS MOUROS

Detalle lateral do corredor de entrada.

2.- FORNO DOS MOUROS.

Dede logo a memoria da excavación fora excelente, mais o motivo , a fonte de inspiración fica abandonado, dáse a impresión neste país que despóis de explota-las, as cousas tíranse; mais sendo ben patrimonial, a cousa sí que é grave.
Mais namentras as barras de ferro aguanten...

1- FORNO DOS MOUROS. A Moruxosa. Toques

Peor sería que a deixaran abaneándose. Como saberedes , os ferros son provisionais namentras non se inventan outras cousas para fixar o destruído pola excavación.
Provisionais, como en este pais se entende a palabra provisional: de por vida.

COVA DA MOURA. ARGALO. NOIA: acceso

Sen ningunha indicación, a altura da anta tén o seu berce unha pequena pista de terra que nos achegará preto dela.
Uns 50 metros máis adiante , temos unha zona de aparcamentos e un pequeno abeiro asfaltado con bancos. Mais non é pola COVA DA MOURA... é polo campo de fútbol que hai no seu carón!!

PREGAMOS DAS AUTORIDADES... INDICACIÓNS CLARAS DA EXISTENCIA DA ANTA.

COVA DA MOURA. ARGALO. NOIA

Aunque o seu interior e o túmulo exterior fican limpos, a sinalización é inexistente.
Todos sabemos que na bisbarra inmediata das nosas antas fican restos doutros xacementos, eiquí nada hai, só sendeiros profundos .

jueves, 13 de septiembre de 2007

O QUE NUNCA DEBEMOS DE PERMITIR


Esta imaxen o dí todo. Trátase dun fermoso acougo o carón dun pequeno rio no máis rofundo da serra do Barbanza, na liña de sendeiros que nos van ensinar o rico e enorme patrimonio megalítico da zona.
O Concello atinóu o deseñar nese sitio un área de descanso con mesas. Mais...
Xunto o mobiliario destragado das mesas temos sitios onde se fixo lume, collendo para protección pedras provintes de restos patrimoniais que ollamos no primeiro plano. Seguramente nin o Concello sabrá que existen estes restos, aunque estén diante dos seus fuciños.
Rematamos este comentario resaltando a cantidade de lixo no chan alí atopado, pésie a existencia de contenedores.
E eles dirán:" ... e que foi cousa dos rapaces!"
E aunque así fora!... que agardamos para avanzar na educación cívica, medioambental e de respeto polas cousas alleas!!
Certo que a chavalada en canto está sola, é incontrolable, i eles o saben; e fan o que fán, destrozos e todo o daño que poidan facer, entre o que conta o de xogar a ver quen tén mellor putería tirándolle pedras os cascos das botellas...
Fan falla moitas cousas... onde están os gardas forestais?
Galicia sitio distinto??