miércoles, 10 de octubre de 2007

BARBANZA. PARQUE ARQUEOLÓXICO. 3.- a Casota do Páramo


Situada ó carón da estrada e moi visíble, ofrécenos a magnitude e grandiosidade das construccións do megalitismo na Serra do Barbanza.
Aunque a sua cámara fique moi derrumbada, o seu estado de conservación é bon.
No seu carón, un panel interpretativo define á anta e mesmo sinala a sua bisbarra, facendo unha presentación de todo o contorno. Sigue o Festival...

BARBANZA. PARQUE ARQUEOLÓXICO. 2 O principio

Despóis da base militar atopámonos co principio do festival arqueolóxico. As curvas de nivel do chan ensínannos a sua anterga habitabilidade.
Bágoa que os militares ocuparan a parte máis sensible e próspera : a enorme chaira do Iroite. Alí tiñan que atoparse elementos moi importantes mais intuimos que están irremisiblemente perdidos e reventados. Perdéronse moitas cousas con o asentamento militar na parte máis importante do Monte Iroite. Unha verdadeira desgraza.
Mais imos ó que imos, a escomenzar a visita o que queda na mesma aba do Iroite. Uns kilómetros mais abaixo da base militar a enorme Mámoa de Bouzachán fái de marco . O acceso é doado e o espectáculo é grandioso.