Peor sería que a deixaran abaneándose. Como saberedes , os ferros son provisionais namentras non se inventan outras cousas para fixar o destruído pola excavación.
Provisionais, como en este pais se entende a palabra provisional: de por vida.
É chegada a hora de revisa-lo, e afrontar o que imos a atopar. Sen lugar a dúbidas, hai un claro abandono no que debería ser un claro referente para o noso país, referente que nos tiña que facer sentir orgullo de pertenecer a un povo creativo e con historia de seu. A nosa misión é de ir e levantar unha ficha de cada emblemático monumento que hai en cada recuncho do noso país, para que se teña en conta a sua protección, divulgación, recuperación e ... dignificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario