ESTADO ACTUAL DO PATRIMONIO MEGALITICO GALEGO
É chegada a hora de revisa-lo, e afrontar o que imos a atopar. Sen lugar a dúbidas, hai un claro abandono no que debería ser un claro referente para o noso país, referente que nos tiña que facer sentir orgullo de pertenecer a un povo creativo e con historia de seu. A nosa misión é de ir e levantar unha ficha de cada emblemático monumento que hai en cada recuncho do noso país, para que se teña en conta a sua protección, divulgación, recuperación e ... dignificación.
miércoles, 21 de julio de 2010
ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO
Presentámosvos unha xornada , unha máis da serie de roteiros que a LCG tén programado para este ano, mais unha xornada moi especial, que quér ser a presentación do futuro parque arqueolóxico que a través da sua columna vertebral: a serra do Édramo, quér revolucionar e mesmo revalorizar as terras históricas de Samos, Sarria, O Incio, Triacastela, .... A SEURRIA, onde os seus moradores, descendentes da TREBA DOS SEÚRROS, poidan de novo fachendear de seu a través da sua longa, longa, longuísima e profunda historia...
A NECRÓPOLIS DE SANTA MARIÑA
sábado, 10 de julio de 2010
ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: O inicio ....
Fora ún deses dias tranquilos sen ese calor agobiante de Xullo. Aún a pesares de escomenzar a andar perto das 12 h, acordamos ir parellos a un horario que cumplimos pontoalmente. O paseio pola necrópolis de Santa Mariña foi rápido e directo: o verdadeiro goteo de mámoas salpicaba o marelo dos sembrados ate parecernos que estabamos nun museu preparado , cando a natureza por si soa adaptóu as inxurias e violacións humáns daquel sacro espazo en algo atractivo.
En efecto: as mámoas foran todas saqueadas e hoxendía en casi tods non existía vestixio pétreo algún. Mágoa.
Despóis subíramos o Castro de Formigueiros, onde o Xaime botóunos unha charla descriptiva do mesmo e da sua bisbarra. Seguimos ruta, polo camiño primitivo saído do castro por unha segunda entrada, para nós a auténtica.
Así chegamos a Vila e a Necrópolis do Valentín, para xantar na área recreativa o carón da pista central.
Despóis de celebrar o encontro, -a resaltar a empanada e o pan de Sarria; moitisimas grazas, Isabel!!), retornamos ó camiño para achegarnos á fonte e cara adiante, cara o imponente Castro de Santa Margarida, final de ruta; un castro saqueado de arriba abaixo para leva-las suas pedra cara construcción do Mosteiro de Samos, que fica nas suas inmediacións.
Mágoa o seu deprorable estado. Unha tormenta que se adiviñaba peor que a de onte, viña ó noso encontro, polo que optamos por dar volta e dar por acabado este roteiro magnífico, que terá continuación o seguinte ano, con máis novidades.
Grazas a todas e todos os que o fixéchedes posible este sono!!!
ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: A FONTE E MÁIS CABAÑAS...
ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: A VILA E A NECRÓPOLIS DO VALENTÍN
No punto máis alto do noso camiño primitivo, chamado A VILA, érguense restos de asentamentos dunha época máis perto, cecáis de principios a mediados do derradeiro século. Tal e como era a costume, erguíanse chozos onde os pastores pasaban as noites perante a época dos pastos.
Un pouco cara o interior temos unha chaira noutrora adicada a necrópolis, onde hoxe só restan algúns túmulos, algúns deles millor conservados que a totalidade dos túmulos do que fora noutrora necrópolis de Santa Mariña.
ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: CASTRO DE FORMIGUEIROS. A) O CAMIÑO PRIMITIVO Ó CASTRO DENDE A VILA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)