sábado, 15 de septiembre de 2007

PENAMOURA-8

RESUMINDO: Un conxunto pétreo cunha enorme transcendencia para a sua zona, hoxendía totalmente abandonada.
Veleiquí tedes a entrada principal: un cercado de arame a cruza, deixando un pequeno paso para subir ó monumento.
Como sempre, non atopamos ningunha sinalización, panel identificativo nin outra sinal da existencia do monumento.
A Penamoura na sua totalidade sigue intacta.
Respetada? por suposto, porque a sua fama trascende séculos e séculos de fé espiritual postos nela. Coidamos que siga así, aunque o cambio xeneracional que está habendo na Galiza está creando a unha xente nova moi artificial , unha vez valeirada polo poder educativo imperante daquelas cousas que eiquí trascenderon século tras século e forxaron un povo distinto e diferenciado.
Mais a fama de Penamoura é moita, coidamos que a seguirá tendo, porque tamén neste o noso povo hai unha xente que soupo saber escoitar o sabio mensaxe da terra nai, e que recolléu a testemuña dos nosos antergos para segui-la pasando de pais a fillos.

No hay comentarios: