viernes, 21 de septiembre de 2007

BARBANZA. PARQUE ARQUEOLÓXICO. 1- Sinalización

No corazón da Serra do Barbanza temos un auténtico museu do que fora a vida no neolítico i etapas posteriores. Somentes fican os monumentos compostos de enormes pedras que simbolizaban o pensamento máis profundo do povo daquela época; as extensas chairas ensinannos os antergos asentamentos, namentras que a xeografía do lugar pódenos moi ben revelar outros misterios que somentes os que pacientemente escoitan falar á terra poden desvelar.
A exquisita recuperación do lugar é unha lección que todos deberíamos de aprender. Faltan cousas, mais as que hai están dispostas para o festival.
Que o disfrutedes!!!

No hay comentarios: