domingo, 2 de marzo de 2008

SEMPRE QUEDAN RESTOS...

POR MOITO QUE QUEIRAN BORRAR DA FAZ DA TERRA O NOSO PASADO, SEMPRE QUEDARÁN PEDRAS QUE SIMBOLIZARÁN TODAS E CADA UNHA DAS NOSAS ETAPAS HISTÓRICAS.
DETRÁS DESTE CRUCEIRO DE CARNOTA OLLADES UNHA DISPOSICIÓN DE PEDRAS CHANTADAS.
O LUGAR É -COMO NÓN!- UN CRUCE DE CAMIÑOS. SACROS E MÁXICOS LUGARES NOSOS QUE NUNCA DESAPARECERÁN.

AS SINALIZACIÓNS MÁIS ELEMENTAIS


Finalizamos este resumen da serra do Barbanza non sin antes mencionar a estas sinalizacións elementais que tanta axuda poden reportar non só para sinalizar os monumentos perdidos polo monte, senón para facer unha composición de lugar tanto do ámbito territorial como social da época en que foron levantados os túmulos en relación con os seus asentamentos.

EXEMPLO DE PANEL


Resaltamos o cuidado con que están dispostos os paneis e as suas pertinentes explicacións nas beiras e lugares máis axeitados do percorrido.
Neste panel observamos o percorrido xeográfico a través da aba do Iroite con os seus túmulos marcados.
Todo un exemplo para o país. Noraboa.

CURRO DO BARBANZA-4. final

Moitas penas foron reaproveitadas para dibuxar o contorno do curro.
Moitas delas provintes de restos de mámoas e construccións antergas.
O acceso é doado, pois está a beira da estradiña. Non tedes máis que seguila xá dende o cruce de Moldes,(na estrada que une Povoa do Caramiñal con a estrada de Riveira-Noia) , pasar a Curota e ir ate un aparcadeiro onde finaliza o asfaltado. O curro fica 1 km antes. Despóis escomenza unha pista de terra que seguiredes ate un ponte, onde escomenzará a ruta arqueolóxica pola parte contraria o Iroite.

CURRO DO BARBANZA-3 (vista xeral)

Casi todas as bisbarras dos círculos líticos coinciden. Forman unha chaira ficando o peche na zona máis abeirada.
Neste caso, a zona está arbolada a pinos e conforma un fermoso e recuperado lugar de lecer.

CURRO DO BARBANZA-2 (detalle)


CURRO DO BARBANZA-1

Velahí un exemplo dos nosos emblemáticos círculos líticos ou peches circulares ou ovalados onde a vida social discurría no seu interior dende o neolítico. Nestes derradeiros séculos foron reconvertidos nos célebres curros para o trato do gando.

A Cavada-2


Tamén está en boas condicións e de fácil acceso.

Anta da Cavada.1

Atópase en perfectas condicións con fácil acceso.

Grande Mamoa do Iroite


Aunque este enorme túmuilo na época na que fora construido formara parte como ún máis dun extenso número deles, -pois na enorme chaira do Iroite tiña que haber un auténtico conxunto funerario- hoxendía é cecáis o berce do itinerario arqueolóxico recentemente recuperado do Barbanza.
O dia que os militares se vaian do Iroite, veremos algúns restos tumulares de relevancia, pois na planicie onde hoxendía fica a Base Militar calificámo-la de imprescindible para entender ós restos do mundo funerario do Barbanza, independentemente da sua cosmoloxía social, do que aún poden quedar restos, pésie as ubicacións posteriores dos Parques Eólicos.
Calificamos o entorno do túmulo como bó , e protexido, con paneis indicativos que fai deste portal un elemento atractivo para disfrutar do festival tumular que arranca a partires do túmulo e mesmo do entorno.