No corazón da Serra do Barbanza temos un auténtico museu do que fora a vida no neolítico i etapas posteriores. Somentes fican os monumentos compostos de enormes pedras que simbolizaban o pensamento máis profundo do povo daquela época; as extensas chairas ensinannos os antergos asentamentos, namentras que a xeografía do lugar pódenos moi ben revelar outros misterios que somentes os que pacientemente escoitan falar á terra poden desvelar.
A exquisita recuperación do lugar é unha lección que todos deberíamos de aprender. Faltan cousas, mais as que hai están dispostas para o festival.
Que o disfrutedes!!!
É chegada a hora de revisa-lo, e afrontar o que imos a atopar. Sen lugar a dúbidas, hai un claro abandono no que debería ser un claro referente para o noso país, referente que nos tiña que facer sentir orgullo de pertenecer a un povo creativo e con historia de seu. A nosa misión é de ir e levantar unha ficha de cada emblemático monumento que hai en cada recuncho do noso país, para que se teña en conta a sua protección, divulgación, recuperación e ... dignificación.
viernes, 21 de septiembre de 2007
domingo, 16 de septiembre de 2007
PEDRA DA ARCA.-6
Vista do seu interior. Do que poido ser algo grande e maxestuoso e que hoxe somentes fican os restos da desgracia. Pésie a todo, a grandeza do túmulo danos unha ideia da imporancia do xacemento. Na sua bisbarra inmediata non se observan ningún resto.
A recuperación, considerando o estado da anta, é aceptable con o doado paso e o panel explicativo.
A recuperación, considerando o estado da anta, é aceptable con o doado paso e o panel explicativo.
PEDRA DA ARCA.-3
PEDRA DA ARCA.-2
PEDRA DA ARCA.-1
sábado, 15 de septiembre de 2007
CASA DOS MOUROS,3
CASA DOS MOUROS,1
PARXUBEIRA, 4
PARXUBEIRA, 3
Esta é a entrada oficial, e hai que ir bordeando a leira para non mollarse os pés, e aun así...
chegando o pino mais alto que fai esquina hai que saír a campo aberto, agardando que non esté encharcado.
Non existe sinalización ningunha nen rótulos que indique a presencia da anta. Tampouco nuns metros máis adiante, onde fica a necrópolis de Portocoiro.
PARXUBEIRA, 1
AXEITOS,3
PENAMOURA-8
RESUMINDO: Un conxunto pétreo cunha enorme transcendencia para a sua zona, hoxendía totalmente abandonada.
Veleiquí tedes a entrada principal: un cercado de arame a cruza, deixando un pequeno paso para subir ó monumento.
Como sempre, non atopamos ningunha sinalización, panel identificativo nin outra sinal da existencia do monumento.
A Penamoura na sua totalidade sigue intacta.
Respetada? por suposto, porque a sua fama trascende séculos e séculos de fé espiritual postos nela. Coidamos que siga así, aunque o cambio xeneracional que está habendo na Galiza está creando a unha xente nova moi artificial , unha vez valeirada polo poder educativo imperante daquelas cousas que eiquí trascenderon século tras século e forxaron un povo distinto e diferenciado.
Mais a fama de Penamoura é moita, coidamos que a seguirá tendo, porque tamén neste o noso povo hai unha xente que soupo saber escoitar o sabio mensaxe da terra nai, e que recolléu a testemuña dos nosos antergos para segui-la pasando de pais a fillos.
PENAMOURA-6
O que sempre decimos: non só se trata de coidar e recuperar o monumento en sí, senón a sua bisbarra inmediata, pois eiquí tratamos de monumentos megalíticos, e istes non se ciñen somentes o monumento pétreo en sí, senón que tamén forma parte do mesmo o que no seu carón fica.
Eiquí, na Penamoura ollamos unhas pedras cunhas formas especialmente cóncavas que están o carón das outras. Estas pedras tamén forman parte do complexo pétreo que dá forma o monumento noutrora espiritual dos nosos devanceiros.
Polo que a sua protección débedese extender tamén o seu contorno.
Ah!! e xá non falemos dos castros!! menudas desfeitas estánse a suceder impunemente.
PENAMOURA-1
A SERRA DO BOCELO
O Camiño Real do Bocelo,4
O Camiño Real do Bocelo,3
O Camiño Real do Bocelo,2
O Camiño Real do Bocelo,1
viernes, 14 de septiembre de 2007
O FORNO DOS MOUROS.O Corredor interior - 8
Limpándoo e adecentándoo , cunha recuperación adecuada xunto a unha preparación da sua bisbarra inmediata, podería actuar de reclamo da sua enorme zona de influencia, repleta de testemuñas do pasado e ben comunicado polo grande camiño real.
Mais , de verdade interesa o turismo? interesa que alí se faga algo?
Ou... xá teñen decidido que van facer con toda esa zona....
O FORNO DOS MOUROS. O material de apoido-8
O FORNO DOS MOUROS.Os ferros. 6
O FORNO DOS MOUROS. Corredor de entrada - 5
Para o noso punto de vista fora un erro tapar completamente a entrada. Dá unha pobre impresión ollar a entrada. A dignificación do monumento tiña que tér pasado por un estudo e posta en práctica dun recheo consecuente con a importancia da anta. Tapando todo e deixando a entrada deste xeito dá unha ideia moi pobre da forma de entender a importancia deste monumento que, por outra parte está sin nengún tipo de sinalización nin de lenda.
ESIXIMOS UNHA RECTIFICACIÓN COHERENTE DA ENTRADA DO DOLMEN. NON CHAPUZAS.
O FORNO DOS MOUROS. Corredor de entrada - 4
2.- FORNO DOS MOUROS.
1- FORNO DOS MOUROS. A Moruxosa. Toques
COVA DA MOURA. ARGALO. NOIA: acceso
Sen ningunha indicación, a altura da anta tén o seu berce unha pequena pista de terra que nos achegará preto dela.
Uns 50 metros máis adiante , temos unha zona de aparcamentos e un pequeno abeiro asfaltado con bancos. Mais non é pola COVA DA MOURA... é polo campo de fútbol que hai no seu carón!!
PREGAMOS DAS AUTORIDADES... INDICACIÓNS CLARAS DA EXISTENCIA DA ANTA.
Uns 50 metros máis adiante , temos unha zona de aparcamentos e un pequeno abeiro asfaltado con bancos. Mais non é pola COVA DA MOURA... é polo campo de fútbol que hai no seu carón!!
PREGAMOS DAS AUTORIDADES... INDICACIÓNS CLARAS DA EXISTENCIA DA ANTA.
COVA DA MOURA. ARGALO. NOIA
jueves, 13 de septiembre de 2007
O QUE NUNCA DEBEMOS DE PERMITIR
Esta imaxen o dí todo. Trátase dun fermoso acougo o carón dun pequeno rio no máis rofundo da serra do Barbanza, na liña de sendeiros que nos van ensinar o rico e enorme patrimonio megalítico da zona.
O Concello atinóu o deseñar nese sitio un área de descanso con mesas. Mais...
Xunto o mobiliario destragado das mesas temos sitios onde se fixo lume, collendo para protección pedras provintes de restos patrimoniais que ollamos no primeiro plano. Seguramente nin o Concello sabrá que existen estes restos, aunque estén diante dos seus fuciños.
Rematamos este comentario resaltando a cantidade de lixo no chan alí atopado, pésie a existencia de contenedores.
E eles dirán:" ... e que foi cousa dos rapaces!"
E aunque así fora!... que agardamos para avanzar na educación cívica, medioambental e de respeto polas cousas alleas!!
Certo que a chavalada en canto está sola, é incontrolable, i eles o saben; e fan o que fán, destrozos e todo o daño que poidan facer, entre o que conta o de xogar a ver quen tén mellor putería tirándolle pedras os cascos das botellas...
Fan falla moitas cousas... onde están os gardas forestais?
Galicia sitio distinto??
Suscribirse a:
Entradas (Atom)