jueves, 13 de septiembre de 2007

O QUE NUNCA DEBEMOS DE PERMITIR


Esta imaxen o dí todo. Trátase dun fermoso acougo o carón dun pequeno rio no máis rofundo da serra do Barbanza, na liña de sendeiros que nos van ensinar o rico e enorme patrimonio megalítico da zona.
O Concello atinóu o deseñar nese sitio un área de descanso con mesas. Mais...
Xunto o mobiliario destragado das mesas temos sitios onde se fixo lume, collendo para protección pedras provintes de restos patrimoniais que ollamos no primeiro plano. Seguramente nin o Concello sabrá que existen estes restos, aunque estén diante dos seus fuciños.
Rematamos este comentario resaltando a cantidade de lixo no chan alí atopado, pésie a existencia de contenedores.
E eles dirán:" ... e que foi cousa dos rapaces!"
E aunque así fora!... que agardamos para avanzar na educación cívica, medioambental e de respeto polas cousas alleas!!
Certo que a chavalada en canto está sola, é incontrolable, i eles o saben; e fan o que fán, destrozos e todo o daño que poidan facer, entre o que conta o de xogar a ver quen tén mellor putería tirándolle pedras os cascos das botellas...
Fan falla moitas cousas... onde están os gardas forestais?
Galicia sitio distinto??

No hay comentarios: