É chegada a hora de revisa-lo, e afrontar o que imos a atopar. Sen lugar a dúbidas, hai un claro abandono no que debería ser un claro referente para o noso país, referente que nos tiña que facer sentir orgullo de pertenecer a un povo creativo e con historia de seu. A nosa misión é de ir e levantar unha ficha de cada emblemático monumento que hai en cada recuncho do noso país, para que se teña en conta a sua protección, divulgación, recuperación e ... dignificación.
sábado, 10 de julio de 2010
ROTEIRO POLA SERRA DO ÉDRAMO: A VILA E A NECRÓPOLIS DO VALENTÍN
No punto máis alto do noso camiño primitivo, chamado A VILA, érguense restos de asentamentos dunha época máis perto, cecáis de principios a mediados do derradeiro século. Tal e como era a costume, erguíanse chozos onde os pastores pasaban as noites perante a época dos pastos.
Un pouco cara o interior temos unha chaira noutrora adicada a necrópolis, onde hoxe só restan algúns túmulos, algúns deles millor conservados que a totalidade dos túmulos do que fora noutrora necrópolis de Santa Mariña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario